jueves, 27 de mayo de 2010

Romeo e Xulieta. Películas basadas.

A peza Romeo e Xulieta, de William Shakespeare é o máis representado na historia do teatro. Tendo esta magnífica obra do famoso escritor como unha base, moitos directores crearon as súas propias versións da famosa historia tráxica.

Aquí os deixo cinco destas películas.


Título:
Romeo y Julieta
Director:
Franco Zeffirelli
Ano:
1968
Romeo:
Leonard Whiting
Xulieta:
Olivia Hussey


Título:
Romeo and Juliet
Director: ?
Romeo : ?

Xulieta:
Theda Bara
Ano: ?

Título:
Romeo and Juliet
Director:
George Cukor
Ano:
1936
Romeo: ?
Julieta: ?




Título:
Romeo and Juliet
Director:
Paul Czinner
Ano:

1996
Romeo:
Rudolf Nuréyev
Xulieta:
Margot Fonteyn



Título:
Romeo and Juliet
Ano:
1996
Romeo:
Leonardo DiCaprio
Xulieta:
Claire Danes

jueves, 20 de mayo de 2010

Letras galegas 2010 Uxío Novoneyra


UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.
Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.
Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).

Obras:
  • Os eidos, Galaxia, Vigo 1955.
    • Dedicado a Maside e a Ramón Piñeiro, que á súa vez escribe o prólogo. O libro foi escrito en 1952 e primeiros de 1953.
  • Elexías do Courel e outros poemas, Rialp (colección Adonais), Madrid 1966. ISBN Non ten. DL M-4065-1966.
    • É unha edición bilingüe galego-castelán, titulado en castelán pola editorial. Estrutúrase en tres partes: Elexías do Courel, Primera verdad y tiempo con nombres e Elegías de Madrid. Foi reeditado, con variacións e novos poemas, en 1991, baixo o título Tempo de elexía.
  • Os eidos II, Galaxia, Vigo 1974.
    • Inclúe o poema Letanía de Galicia , que, por veces, aparece como subtítulo. Contén poemas escritos entre 1954 e 1957 e está dedicado a María Mariño e á memoria dos seus pais, mortos había pouco. O libro ilústrase con debuxos de Laxeiro.
  • Poemas caligráficos, Número 1º dos Cuadernos da Guadaña, Brais Pinto, Madrid 1979.
    • Tampouco, neste caso, os poemas son inéditos, pero aquí aparecen caligrafiados polo autor. Reimundo Patiño escribe o limiar.
  • Os eidos. Libro do Courel, Colección Grandes Mestres nº 1, Xerais, Vigo 1981.
    • Reune os textos d' Os Eidos e d' Os Eidos II, xunto algún poema posterior. Novamente, os poemas están depurados e recolocados.
  • Muller pra lonxe, Deputación de Lugo, Lugo 1986.
    • Poemas de amor, uns coñecidos e outros novos, e con caligrafías do autor.
  • Do Courel a Compostela, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela 1988.
    • Tamén, con poemas coñecidos, publicados noutros libros ou noutros medios.
  • O cubil de Xabarín, Edelvives, Madrid 1990.
  • Tempo de elexía, Vía Láctea, Oleiros 1991.
    • Véxase o que se dixo anteriormente en Elexía do Courel....
  • Gorgorín e Cabezón, Edelvives, Madrid 1992.
  • Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, Espiral Maior, A Coruña 1994.
    • Poemas inéditos ou dispersos noutros libros.
  • Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, Edelvives, Zaragoza 1998.
  • Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, Hércules de Ediciones e Xunta de Galicia, A Coruña 1998.
Poema:

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.

jueves, 13 de mayo de 2010

refrans dos avos

A vellez non ten cura e a mocidade pouco dura.

Quen non tivo cariño da avoa non sabe o que é a cousa boa.

Criada por avoa, nunca é boa.

Deixemos os avós e sexamos nós bos.

BICOS CON LINGUA


Espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.Son pequenos sketch cómicos que pretenden afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que está sometida de cotío. Foi galardoada con dous premios María Casares, ao mellor autor(Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal.